De acuarelas por Santiago
É o último traballo de Eduardo Baamonde, un amante do deseño gráfico e da pintura que comezou a crear imaxes e a expor a principios da década dos oitenta. Trátase dun libro de pequeno formato cun contido que combina acuarelas e un breve texto explicativo de cada un dos edificios e rúas debuxadas. Pódense atopar, tanto os puntos máis recoñecidos da cidade, como outros recunchos que deberá descubrir o viaxeiro nun percorrido pausado polo centro histórico. O traballo é o froito da súa ambición por facerse acompañar sempre dun caderno e unha caixiña de acuarelas e de deterse a cada paso a observar. «Durante moito tempo isto era só un divertimento máis. Un día púxenme a revisar todo o que pintara e souben que tiña entre as miñas mans algo máis que un mero exercicio gráfico e artístico», asegura Eduardo.

Hai dous anos publicou un libro da Mariña luguesa no que se enxalzaban os seus valores paisaxísticos, patrimoniais e gastronómicos por medio dun percorrido a base de acuarelas. O ano pasado sorprendeu cun caderno de viaxe titulada Polo Salnés con Ramón Cabanillas. Tamén realizou un itinerario acuarelístico polos lugares de máis interese cultural do Salnés. «En Galicia non hai case tradición neste tipo de publicacións que si son moi comúns en cidades como Provenza, Venecia, Lyon, Milán, Toscana, Ámsterdam ou París», sinala.
ARTIGO PUBLICADO NA VOZ DE GALICIA O 7/5/10. Begoña Paso redac.arousa@lavoz.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario