Salón do libro 2011



O pasado 4 de marzo visitamos a XII edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra de paso que acudiamos a unha representación teatral no Pazo da cultura de Pontevedra co alumnado de 1º bacharelato e 4ª de diversificación. No vestíbulo recibiunos a súa mascota, o lobo Orbil, e no interior do salón tivemos a oportunidade de ver recreacións sobre o tema deste ano: "É mentira".
Medimos as nosas mentiras a través do nariz de Pinocho, informámonos sobre a escritora homenaxeada deste ano: Gloria Sánchez e atopámonos con numerosas recreacións de mentiras, desde o cabalo de Troia ata Alicia no país das marabillas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario