"Abril dos Libros e Maio das Letras"


FESTA:

Creación, Investigación e Moitos Libros

Rematamos o trimestre, 14/4, "Día da República", como soñabamos. A melodía "Foi un soño, foi coma un soño..." daquel estremecedor coro do cárcere de O lapis do carpinteiro, tantas veces entonada en memoria daqueles homes, hoxe fíxose realidade no IES.
Puidemos facer chegar moitos agasallos a tantos dos nosos creadores e investigadores, organizarlles unha festa de contos e música, sorprendelos, porque antes xa os engaiolaramos para escribir no centro, para ir ao certame do IES Sanxenxo, ao do IES As Bizocas e para que todos desexaran ir ver que ía suceder no Auditorio Emilia Pardo Bazán. Nós puxemos a ilusión, o alumnado a creación.
O enfeitizo total foi obra de Marta e Brais de "A Tropa de Trapo".
Felicidades a todos e todas por todo.

Biblioteca e Normalizació Lingüística




Ningún comentario:

Publicar un comentario