A beira das palabras
Blog de ENDL e da Biblioteca do IES de Vilalonga
PÁXINA PRINCIPAL
CONSELLERIA
CIUGA
RAG
RAE
DIC. LINGUAS
MATEMÁTICAS
VISITOUNOS A ESCRITORA LEDICIA COSTAS
O pasado 10 de abril contamos coa presenza da escritora Ledicia Costas no noso centro. A autora departiu co alumnado de 1º de ESO sobre o libro "Mortos de Ningures". Explicoulles ós rapaces como se escribe un libro a medias con outro escritor. Neste caso Pere Tobaruela. Trátase dun proceso no que empregan unha
escaleta
, na que ambos os dous van escribindo cada unha das partes individualmente, logo de decidir a temática do libro. As longas conversas telefónicas e o grupo de WhatsApp, no que tamén está incluído o ilustrador do libro, Andrés Meixide, axudan a poñerse de acordo neste labor colectivo.
A escritora respondeu todo tipo de preguntas. Comentou que ela comezou a escribir moi nova, sendo adolescente e que seus pais pensaron que sería algo pasaxeiro que se lle pasaría coa idade. Tamén lles contou como coñecera a Pere Tobaruela nun encontro de escritores que realizaban o camiño de Santiago en autobús.
Sobre o libro os rapaces expresaron a súa preocupación porque a protagonista, a inspectora Nola non tivese un home para sobrelevar o coidado dos seus xemelgos. O alumnado do club de lectura, que leu tamén a segunda aventura desta teimuda investigadora no libro "Ouro Negro", preguntou sobre o futuro do seu axudante, o gato Lolo, posto que estaban intrigados coa sorte que puidera correr tras o súa caída ó mar tinguido chapapote.
Ledicia Costas tamén reivindicou a importancia da novela infantil e xuvenil, e a súa escrita en galego como a única posible, posto que ela é galega. Con respecto a esta cuestión estes libros tamén verán a luz en setembro en castelán e catalán. Finalmente tentamos agradecer a súa presenza a través da lectura dun dos seus poemas levada a cabo pola alumna Lara Moldes de 1º ESO C. Agardamos poder volver a contar coa súa presenza entre nós.
Para os que queiran saber máis sobre esta autora estes días anda a presentar a súa última novela, "Recinto Gris".
Aquí
vos queda unha entrevista sobre ela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario