A beira das palabras
Blog de ENDL e da Biblioteca do IES de Vilalonga
PÁXINA PRINCIPAL
CONSELLERIA
CIUGA
RAG
RAE
DIC. LINGUAS
MATEMÁTICAS
PRESENTACIÓN DO NÚMERO 15 DE "ENÓRMIC BANDA"
Hoxe, 5 de maio, tivo lugar a presentacción no IES Ramón Cabanillas de Cambados da revista de cómic
ENÓRMIC BANDA
, na súa décimo quinta edición. Este ano no noso centro tivemos un alto número de premiados, cinco en total, o máis elevado de todos os centros que forman parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Salnés.
Os nosos premiados foron:
LUIS IGLESIAS OTERO
coa súa obra "Civilización",
JOSE PAZOS MOHRI
con "Galeghome",
DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ
co "Desexo",
LUCÍA PÉREZ GONZÁLEZ
con "Wertesplandor" e
ANA OTERO GÓMEZ
con "Castelao". Á vista dos seus títulos podedes comprobar como o noso alumnado desenvolveu un amplo labor crítico cunha ollada aguda da nosa realidade social moi de perto. O que demostra que non viven alleos ós cambios que se están a producir na nosa sociedade.
No acto de presentación da revista contouse co autor do limiar
Francisco Fernández Rei
,
profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre os novos falantes do galego procedentes doutros países e as múltiples traducións que fan ó xaponés, ou o ruso, entre outros idiomas, da nosa literatura. Tamén estivo presente a pintora autora da portada e contraportada
Emérita Méndez
.
E finalizamos o acto, despendindo ó coordinador
Xabier Camba
,
ó que agradecemos o seu gran traballo durante estes case vinte anos á fronte desta coordinadora comarcal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario