
Comezamos o ano 2018 no que as nosas letras conmemorarán a figura da escritora MARÍA VITORIA MORENO, coa peculiaridade de que esta foi profesora no noso centro durante os anos oitenta.
| "Para os meus alumnos de Vilalonga, que me aledaron os días en que eu enfiaba esta historia, que me regalaron o bolígrafo co que a escribín."
Con esta dedicatoria do libro Anagnórise queda patente a influencia do noso alumnado nas súas creacións.
Para írmonos achegando a súa figura temos dúas novidades editoriais sobre a súa biografía. Unha delas é: "A muller que durmía pouco e soñaba moito", autoría de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. E a outra é: o número tres da colección Mulleres Galegas, no que o colectivo Polo correo do vento realiza unha breve biografía súa para os máis pequenos. Dela extraemos unha cita literal das palabras da autora, que é moi representativa do carácter da nosa homenaxeada:
"Hai xente que non está contenta co seu traballo, pero para min a aula sempre foi unha festa. E eu a festa non a perdía".
|

Ningún comentario:
Publicar un comentario