O día 2 de maio tivo lugar no IES de Vilalonga a entrega de diplomas do concurso de adhesivos pola normalización lingüística organizadopola coordinadora de Equipos de dinamización lingüística do Salnés.
Os traballos presentados, baixo o título “As cores da lingua”, reinterpretaban obras pictóricas de artistas
da nosa terra.
Establecéronse tres categorías: primeiro ciclo da ESO, segundo ciclo de
ESO e Bacharelato e ciclos formativos. En cada unha seleccionáronse primeiro
premio, segundo premio e varios finalistas.
Participou alumnado do IES Armando Cotarelo Valledor, do IES Bouza
Brey, do IES Miguel Ángel González
Estévez , do IES Ramón Cabanillas, do IES Francisco Asorey, do IES Faro das Lúas,
do IES Castro Alobre, do IES A Basella, do IES de Barro, do IES de Sanxenxo, do
IES de Meaño e do CPI de Mosteiro. Porén, por problemas de axenda, só acudironprofesorado e alumnado do Bouza Brey, daBasella, do Ramón Cabanillas, do
Castro Alobre e do Armando Cotarelo Valledor.
Contamos coa colaboración de Carlos Bóveda, Manuel Caneda, Alexandrei
Longo, Sara Martínez, Damián Rial, Mateo Rozas e Yeray Magariños, regueifeiros
e regueifeiras de segundo de ESO, que iniciaron e remataron o acto, e do
alumnado de terceiro e cuarto de ESO,ÁngelBerreco, Álvaro González, Nicolás
Straehli, Noa Vázquez,Laura Pereira, Carmen Soto e Manuel Arnoso, que presentou e entregou diplomas, flores e
agasallos.ÁlexCacabelos tivo o control, unha vez máis, da presentación
audiovisual que recollía os traballos escollidos.MOITAS
GRAZAS!!!!!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario