No IES de Vilalonga quixemos darlle visibilidade ao Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia con diversas actividades entre as que estiveron as realizadas arredor do "Efecto Matilda" e a asistencia do alumnado de 2º de bacharelato de ciencias ao ciclo de conferencias "As ciencias escríbense en feminino" vía streaming.
Exposición das diapositivas que conforman o vídeo elaborado pola profesora do IES de Vilalonga María Esther Prol e o alumnado, como parte dunha interesante actividade enmarcada xa nos días previos á celebración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, arredor do “Efecto Matilda”.
Unha xornada con grandes profesionais científicas que lle contaron ao noso alumnado a súa traxectoria, os proxectos que levan a cabo e as vantaxes das diferentes disciplinas STEM.
A actividade, organizada polo Concello de Santiago coa colaboración de Talentia Summit e CEXTEC, consistiu no visionado dun vídeo de 45 minutos de duración no que mulleres profesionais científicas galegas de diversas ramas STEM: matemáticas, enxeñeiras químicas, enxeñeiras de minas, informáticas, etc. que traballan en empresas galegas ou estatais, contaron por que decidiron estudar unha carreira STEM, en que consiste o seu traballo, que aplicacións ten para o desenvolvemento da sociedade e animan as rapazas que teñan interese pola ciencia a loitar por conseguir os seus obxectivos.
É de destacar que todas as mulleres que apareceron son persoas moi dinámicas e alegres, persoas cercanas e normais coas que as rapazas poden sentirse identificadas, que contan ademais as dúbidas que tiveron antes de escoller os seus estudos, os fracasos dunha primeira elección non acertada e o gratificante que resulta o traballo de realizan a día hoxe.
No vídeo aparecen tamén tres experimentos caseiros moi divertidos para que a rapazada sinta a ciencia como algo cercano.
O obxectivo de que o alumnado de 2º de bacharelato participara nesta actividade é de carácter orientador, ademais da mensaxe de que as mulleres deben romper o teito de cristal que teñen hoxe en día no ámbito da ciencia e da tecnoloxía polas poucas vocacións. O alumnado demanda orientación, a maioría ten moitas dúbidas sobre que estudar, e neste vídeo as mulleres que saen abarcan varios ámbitos da ciencia e da tecnoloxía con traballos en empresas galegas onde contan claramente a aplicación práctica dos seus estudos e nótase como disfrutan do traballo que realizan.
Algúns dos traballos que o alumnado de 3º ESO fixo coa profe Inés na materia de Bioloxía. Este concurso de postais resultou ser non só unha actividade interesante e didáctica senón que ademais obtivo un fermoso resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario