O alumnado de Ciclo Medio e de FPBásica de Administrativo vai facer un crowdfunding en beneficio do Banco de Alimentos Rías Baixas para mercar produtos de necesidade nun ano no que a pandemia da covid-19 supuxo a imposibilidade da recollida de alimentos nas diversas campañas habituais e, por outra banda, incrementou o número de solicitantes de axuda.
Para levar a cabo esta iniciativa, o venres 11 de xuño, en horario de entrada e recreos, porán dúas urnas para depositar as donacións, unha na entrada do Edificio 1 co lema “1 euro por un desexo” e outra na entrada do edificio 2 “Un sorriso por 1 euro” . Co recadado mercarase leite para o banco de alimentos Rías Baixas, concretamente para a súa sede nas Telleiras.
Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga pola súa iniciativa e compromiso coa sociedade!
(cartel feito polo alumno Rodrigo Tacón)
Ningún comentario:
Publicar un comentario