Desde os departamentos de Matemáticas e Xeografía e Historia vimos traballando durante este curso en pequenos proxectos interdisciplinares nas aulas de 1º ESO.
Nesta avaliación mergullámonos nas primeiras
civilizacións fluviais para investigar en que contexto histórico xorde
Mesopotamia e a escritura humana; como se organizaban estas sociedades e de que
maneira se administraba a xustiza.
A través do Zigurat de Ur o alumnado aplicou os
seus coñecementos en volume, proporción e sistemas de numeración; aplicou o
teorema de Pitágoras e comprobaron o coñecemento matemático que tiñan os
sumerios.
O resultado de todas estas cuestións foron
plasmadas en distintos borradores ao longo da avaliación co obxecto de crear un
artigo científico para difundir de maneira clara e precisa os resultados destas
indagacións.
Entre os artigos presentados polo alumnado de 1º
ESO, destacamos o excelente traballo de Daniel Simes pois sintetiza perfectamente
os obxectivos formulados ao inicio do proxecto. Parabéns Dani:
Ningún comentario:
Publicar un comentario