O IES de Vilalonga segue innovando co club de ciencias , que este curso
acaba de comezar a súa andaina. Recentemente, o alumnado participante puido
realizar actividades relacionadas coa reflexión, refracción, difracción e
polarización da luz.


ESTACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA
Para lograr chegar á ultima estación de
investigación a tempo o alumnado deberá percorrer a distancia restante (4 km)
empregando un dos medios de transporte máis ecolóxicos: a bicicleta. Mediante
relevos, desenvolverán a maior enerxía posible. Chegarán a tempo? Confiamos en
vós!
ESTACIÓNS CHAVE (MATEMÁTICAS)
Para ir dunha estación de investigación a outra, os nosos equipos de alumnado deberán superar unha serie de probas matemáticas que lles permitan obter a chave para teletransportarse á seguinte estación. A darlle á cabeza para resolver os enigmas formulados!
ESTACIÓN QUÍMICA
Desde a estación química promóvese o estudo de novos combustibles; especialmente algunhas substancias fluorescentes. Para continuar o traballo dos científicos, os distintos grupos de alumnado investigará sobre a fluorescencia da clorofila presente nas follas de espinaca. Esperemos que o alumnado poida visualizar a cor do espectro correspondente á súa enerxía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario