Este é o vídeo premiado no Correlingua 2012: "Galego, todo o que buscas", un traballo de Édelingua, o Equipo de Normalización do IES Mosteirón (Sada). O xurado valorou especialmente a súa emotividade e contido orixinal.
É a segunda curta, despois d'As mazás casamenteiras, coa que nos agasallan desde ese centro. Moitos parabéns para eles e que continúen achegándonos as súas obras.