"Galego, todo o que buscas"



Este é o vídeo premiado no Correlingua 2012: ‎"Galego, todo o que buscas", un traballo de Édelingua, o Equipo de Normalización do IES Mosteirón (Sada). O xurado valorou especialmente a súa emotividade e contido orixinal.

É a segunda curta, despois d'As mazás casamenteiras, coa que nos agasallan desde ese centro. Moitos parabéns para eles e que continúen achegándonos as súas obras.

1 comentario:

  1. Moitas grazas desde Mosteirón polas gabanzas e por difundir o traballo de Édelingua desde o voso blog.
    Podedes atopar máis vídeos en http://www.edelingua.blogspot.com/

    ResponderEliminar