Charla con Manuel Portas e música con Clara Pino

 A semana pasada foi unha especie de semana cultural no noso centro. Visitounos a rapeira Aíd, estiveron connosco os ilustradores: Abraham Carreiro e Manuel Uhía e para rematar esta intensa semana contamos coa presenza do escritor Manuel Portas acompañado pola intérprete Clara Pino do grupo Loaira.

Manuel Portas achegouse ó noso instituto para charlar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre o seu libro Un dedo manchado de tinta. Disertou sobre os xogos narrativos que empregou no libro, onde engarza os protagonistas de cada un dos capítulos a través dun autor implícito, Gonzalo, que serve de elo de unión entre eles. Citou  a obra "Seis personaxes en busca de autor" de Luigi Pirandello, que lle serviu como fonte de inspiración.


Clara Pino explicou como se desenvolveu o proceso de recreación en letra e música dos protagonistas do libro. Como a raíz da lectura do libro se compuxo primeiro a letra e logo a música das seis cancións, que aparecen no CD, acompañando o libro. Finalmente agasallounos coa interpretación de dúas delas coa súa arpa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario