Música de 2nafronteira para un poema de Paz Andrade (Letras Galegas 2012): "Pranto matricial" que el dedicou ó retorno de Castelao a Galiza.
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...
Galiza, 1954
Valentín Paz-Andrade, Pranto matricial, 1955
Ningún comentario:
Publicar un comentario