Amosando publicacións coa etiqueta MÁIS NÓS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÁIS NÓS. Amosar todas as publicacións

Xuntanza +NÓS

Traballos do proxecto MÁIS NÓS

Estes son algúns dos traballos realizados polo noso alumnado para o proxecto Máis Nós, que integrou varios centros de ensino das dinstintas provincias. Na Coruña participaron: IES da Pobra do Caramiñal, IES de Ames e IES Pedra da Aguia, de Camariñas. En Ourense: IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. E en Pontevedra: IES Pazo da Mercé das Neves e o noso.

Este proxecto conectou o noso alumnado de 4º da ESO co alumnado dos referidos centros a través do intercambio constante do galego nos diferentes espazos dunha rede social educativa, de creacións persoais e grupais, de concursos, de partilla de música, fotos e vídeos... e novas amizades ). O único obxectivo era empregar a lingua e coñecérense.

Aquí vos iremos deixando algunhas das mostras deste traballo debido a que a que esta plataforma vai deixar de ser de balde.

As presentacións foron feitas polos diferentes grupos de 4ºda ESO para daren a coñecer o noso centro ós seus novos compañeiros.





INTERCAMBIO MÁIS NÓS NO CONCELLO DE OURENSE

INTERCAMBIO MÁIS NÓS NA DEPUTACIÓN DE OURENSE



A DEPUTACIÓN DE OURENSE COLABORA NUN PROGRAMA PARA PROMOVER O USO DE INTERNET E DO GALEGO ENTRE ESTUDANTES DA ESO.

Son 120 alumnos de institutos de Galicia que logo de coñecerse virtualmente veñen hoxe a Ourense a manter un encontro en persoa e realizar diversas actividades didácticas e culturais.

A Deputación Provincial de Ourense colabora nun programa de dinamización das novas tecnoloxías e o uso do galego, que permitiu a 120 estudantes de ESO de institutos de Galicia coñecerse primeiro de forma virtual e hoxe físicamente, nun encontro que se desenvolve ao longo desta xornada en Ourense.


En concreto son 120 alumnos dos institutos de Bacharelato de O Barco, Sanxenxo, Camariñas, As Neves, Pobra do Caramiñal e Ames que ao longo do curso desenvolveron un programa de coñecemento mutuo a través de Internet. O coordinador da actividade é o profesor do Instituto “Lauro Olmo” de O Barco, Rafael Adán, quen dixo na recepción ofrecida hoxe pola Deputación de Ourense que esta actividade de dinamización lingüística a través de Internet “potencia o uso do noso idioma e contribúe a darlle un pulo e un uso práctico a Internet”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, afirmou que a defensa do idioma galego “é algo no que todos temos que contribuír. Esta é unha iniciativa que une as tecnoloxías e o noso idioma, e quen mellor que os nosos xóvenes para potenciar e fomentar ambas disciplinas”. Baltar engadiu que se levamos o noso idioma no corazón “sempre triunfará, a pesares dos atrancos e os enfrontamentos que algúns queren que haxa. O galego ten futuro, está nas vosas mans e entre todos temos que axudar para que asi sexa”.


Despois da recepción, que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación, os estudantes realizarán un roteiro literario pola cidade de Ourense e acudirán ao Concello. Pola tarde, realizarán obradoiros de hip-hop e de graffiti no Parque Barbaña, os cales contan coa colaboración da Deputación de Ourense.


26/05/2010