Amosando publicacións coa etiqueta materia de Historia da Arte. 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta materia de Historia da Arte. 2018. Amosar todas as publicacións

Desigualdade de xénero na Arte


O alumnado da materia de Historia da Arte xunto coa súa profesora Mª Teresa Fidalgo baixaron a ver a exposición de "As mulleres na arte". Fixeron grupos de dous ou tres membros, e cada grupo leu un dos paneis. 

Os obxectivos eran:

  1. Fomentar a curiosidade e o interese do alumnado polas actividades realizadas no Centro.
  2. Formar sobre o papel da muller e a súa discriminación na Historia da Arte.
  3. Concienciar sobre a desigualdade de xénero a nivel histórico e na actualidade.
  4. Desenvolver capacidades como: a observación, a síntese, o compañeirismo e a expresión oral. 
O resultado foi positivo e enriquecedor. Fixemos unha clase diferente na que os protagonistas foron os alumn@s.