O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) pon en marcha a cuarta edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.
O concurso está divido en dúas categorías: declaracións e cancións.
O prazo de presentación remata o 28 de maio.
O prazo de votacións vai dende o 29 de maio ata o 6 de xuño.
Premios: un computador portátil Netbook, unha consola Nintendo DSI XL e unha cámara de fotos dixital os tres primeiros premios ademais dun lote de libros e música en galego.
Rexístrate na web de Lingua de @mor e participa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario