O Salnés BOTA a lingua


O pasado martes 27 a nosa coordinadora de equipos de normalización e dinamización lingüística do Salnés celebrou o acto: O SALNÉS BOTA A LINGUA no Auditorio de Vilagarcía ás 20.00 h. Nel participamos todos os centros integrados nela. E non só contamos coa presenza do profesorado, senón que o alumnado e os seus pais e nais tamén nos arrouparon nesta protesta contra o chamado novo decreto de plurilingüismo.

O acto comezou coa intervención musical dun grupo de alumnos de distintos institutos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Despois tivo lugar unha proxección audiovisual, na que se resumían, brevemente, os quince anos da coordinadora, cos seus máis destacados éxitos: o concurso de adhesivos, a revista de banda deseñada Enormic Banda e o xogo de mesa sobre o Salnés.

Valentina Formoso da Coordinadora galega de ENDL comentou todos os aspectos do novo decreto. Unha nai do Castro Alobre, un alumno de Carril e un profesor do Cotarelo tamén fixeron as súas achegas.

Graciñas ó noso alumno, David Leiro Magdalena, e a nosa nai, María García Fariña por acompañarnos e representar a nosa comunidade escolar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario