Tráiovos hoxe o último traballo do  Equipo do IES As Barxas, trátase dun flashmob protagonizado polo  alumnado para vos felicitar o aninovo.
Un  flashmob consiste nunha actuación sobre a realidade na que un  conxunto  de persoas se poñen de acordo nun lugar e momento determinados  para  realizar unha acción simultánea cunha determinada finalidade ou só por  pura diversión. 
No noso caso,  ademais de divertirnos, pretendemos chamar a atención sobre a  importancia da recuperación dun tempo propio para termos unha vida máis  feliz.
Segundo a información da que dispoñemos trátase do primeiro flashmob realizado nun centro de ensino galego.
A música atopámola en Jamendo, trátase dun tema de Galdson, que non é outro que o mestre de Ortigueira Vicente Orjales.
A estupenda montaxe do vídeo realizouna Luz, a profesora de plástica.
Se che gusta, PÁSAO!
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario