Presentación ENÓRMIC BANDA 2012


O pasado xoves presentouse no instituto Bouza Brey de Vilagarcía a edición número trece do ENÓRMIC BANDA. A revista de banda deseñada que editan conxuntamente os equipos de dinamización lingüística dos centros de secundaria do Salnés.

Antón Romero, que publicou nos dous primeiros números desta revista cando estudaba neste centro, é o autor da súa portada e da súa contraportada.

No limiar contamos coa colaboración do poeta e músico Ramón Neto, nado na Illa de Arousa e residente en Bruxelas.

Este ano foron quince os centros que achegaron o traballo dos seus alumnos a esta revista. Os catro centros de Vilagarcía, os dous de Vilanova, o da Illa, os de Cambados, o de Vilalonga, o Monte da Vila do Grove, os de Barro e Meaño, o colexio Mosteiro de Meis e a escola de idiomas de Vilagarcía participaron nesta edición da que se editaron 1 350 exemplares.

Parabéns para a nosa alumna Alba Gándara de 3ª A, que co seu cómic de recreación d' Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete resultou a premiada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario