O día 17 de outubro o noso compañeiro e colaborador, Eduardo Baamonde, presentou en Cambados o caderno de viaxe sobre esta vila. Por cortesía súa ofrecémosvos unha escolma de imaxes. Algunha delas aparecen no libro editado pola editorial co cuidado e agarimo que xa vén sendo habitual. Parabéns ao autor e moitas grazas a Kalandraka por facer posible que unhas imaxes tan fermosas cheguen ata nós... Outra maneira de exquisita sensibilidade que nos achega a esta vila.