A beira das palabras
Blog de ENDL e da Biblioteca do IES de Vilalonga
PÁXINA PRINCIPAL
CONSELLERIA
CIUGA
RAG
RAE
DIC. LINGUAS
MATEMÁTICAS
ASISTIMOS A UN XUÍZO NA AUDIENCIA DE PONTEVEDRA
Un ano máis achegamos o noso alumnado ó mundo da xustiza, a través dunha visita á
Audiencia Provincial de Pontevedra.
Asistían a un xuízo que, finalmente, non puido realizarse pola ausencia dun dos acusados. Aínda así, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polos seus profesores de filosofía, compartiron unha xornada co alumnado de Poio. Alí foron recibidos polo presidente da Sección Segunda,
Xosé X. Barreiro Prado
, e puideron facer todo tipo de preguntas para resolver as súas dúbidas sobre o tema.
A nosa visita tivo eco nunha morea de xornais no día de hoxe:
Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Agradecemos a inestimable colaboración do
Servizo Lingüístico
desta institución para realizar estas visitas e a Xosé X. Barreiro por teimar no emprego do galego no ámbito da xustiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario