DÍA DO LIBRO NO IES DE VILALONGA E NA BIBLIOTECA

Retrato de José Luis Sampedro por Eduardo Baamonde.
Para conmemorar o día do libro na Biblioteca do noso instituto, decidimos poñer aínda máis cor e seguindo un costume que leva camiño de converterse en tradición,  agasallar o alumnado que pediu libros cun caravel.
Por outro lado decidimos reivindicar a dous escritores que nos deixaron este ano:
Stéphane Hessel e José Luís Sampedro. Dalgún xeito, as súas vidas converxeron para berrar ¡INDIGNÁDEVOS! E como motivos non faltan volvemos a traelos hoxe ao primeiro plano.
Na biblioteca atoparedes os seus libros,  pero podedes achegarvos a eles lendo o prólogo que José Luís Sampedro escribiu para o manifesto de Hessel… e se queredes saber máis, continuade lendo….
Dende os departamenos de Lingua española, Lingua galega, Filosofía e Economía tamén están a falar estes días de José Luís Sampedro, os dous escritores e ideólogos xa, para sempre, IN MEMORIAN…
Non deixedes de pasar pola Biblioteca para saber máis....