 Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952)  súmase á nómina de escritores galegos premiados co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL , o que é unha mostra máis da vizosidade da nosa literatura. Este autor ten unha contribución  moi variada á literatura infantil. Neste caso o libro premiado é un poemario: "Poemar o mar", que forma parte dunha triloxía composta tamén por  «En la cuna del mar» e «Palabras do mar».  Estas tres obras teñen o mar como principal protagonista. Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi galardoado con este premio.
Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952)  súmase á nómina de escritores galegos premiados co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL , o que é unha mostra máis da vizosidade da nosa literatura. Este autor ten unha contribución  moi variada á literatura infantil. Neste caso o libro premiado é un poemario: "Poemar o mar", que forma parte dunha triloxía composta tamén por  «En la cuna del mar» e «Palabras do mar».  Estas tres obras teñen o mar como principal protagonista. Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi galardoado con este premio.|  | 
| PREMIOS NACIONAIS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL destes últimos anos. Para seguir a ler máis información sobre esta nova preme esta ligazón da revista Babar. | 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario