Premio Planeta 2017


O xornalista, novelista e investigador Javier Sierra (Teruel, 1971) fíxose co Premio Planeta 2017, o máis relevante por contía económica de España, pola obra: Lume invisible. A finalista foi Cristina López Barrio con Néboa en Tánxer.

A obra gañadora narra a procura do Santo Graal por parte de David Salgas, un experto da Universidade de Dublín, e contén todo o que se pode esperar nunha novela de Sierra: investigación científica, un asasinato e intriga mesturada con moitas doses de erudición. Apunta a éxito asegurado. "É unha novela para ter os ollos moi abertos", recomendou o autor.

A novela finalista, Néboa en Tánxer, é a procura por parte dunha muller do seu amante, ao que coñece unha noite e que desaparece. Misterio, indagación case policiaca e moita literatura protagonizada por Flora Gascón marcan esta obra de López Barrio, que despuntou no panorama literario coa súa segunda novela O ceo nun inferno cabe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario