![]() Este é un concurso interesante para tod@s aqueles alumnos e alumnas que fixestes vídeos para materia de lingua galega en 2º de bacharelato. | |||
Os premios Youtubeir@s teñen como obxectivo incentivar a creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego, así como a súa promoción e visibilización a través da rede e o recoñecemento daqueles de maior enxeño e creatividade, calidade técnica, eficiencia comunicativa e calidade lingüística.
Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema de interese a través de vídeos autoproducidos subidos a YouTube de xeito independente ou nunha canle.
Os vídeos individuais e/ou canles de YouTube presentadas a Youtubeir@s teñen que estar integramente en galego. Os vídeos participantes teñen que estar publicados con data posterior ao 28 de abril de 2017, ter unha duración máxima de 5 minutos e licenza Creative Commons. Así mesmo, levarán os cancelos #youtubeiras #youtubeiros.
Quédanvos aquí vídeos sobre edición de vídeos para axudarvos nestas tarefas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario