
O día 12 de decembro o alumnado de 3º de ESO
desprazouse ó Museo do Mar (Vigo) para realizar unha visita guiada pola
exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”.
Foi moi
interesante mergullarse na Idade Media contemplando obxectos tan varios como
relicarios, os zapatos dun bispo do século XIII ou réplicas en madeira de
instrumentos musicais feitas a partir das esculturas do Pórtico da Gloria da
catedral de Santiago.
Sorprendéronnos
diversas prácticas médicas da época (anestesia por martelo ou sangrías con
samesugas, por exemplo) e coñecemos detalles sobre o labor dos amanuenses como
os recursos dos que se servían para a obtención de cores coas que decorar os
textos...
Un pracer e un privilexio poder situarse entre
unha xoia de relevancia universal como é o Pergamiño
Vindel e a Paisaxe coas Illas Cíes
de Urbano Lugrís.
Ningún comentario:
Publicar un comentario