1 de abril-Día das Artes Galegas
Mestre Mateo, Castelao, Maruja Mallo,
Alejandro de la Sota. Non
era cousa sinxela estar a altura coa figura homenaxeada no Día
das Artes Galegas 2019. Pero a
Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), en sesión celebrada o pasado
sábado no salón reitoral do compostelán colexio de San Xerome, deu no cravo:
acordou, por aclamación, dedicarlle o ano 2019 -en especial, na xornada do 1 de
abril- a Luis Seoane
López (Buenos Aires, 1910-A Coruña, 1979), proposta
que tiñan subscrito un grupo de académicos e varios colectivos culturais do
país.
A vida de Seoane, lembra a Academia, foi unha longa viaxe á
través do século XX. Formado na época da ditadura de Primo de Rivera, loitador
nos anos da República, fuxido en 1936, organizador e promotor da vida cultural
no exilio, viaxeiro polo mundo e atento aos múltiples discursos que ía xerando
a súa época, o artista foi testemuña de excepción deste século axitado e
convulso. A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas
iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama galego e español do
século XX, que axudou a construír co seu esforzo, talento e compromiso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario