Campaña Mundial pola Educación (CME)
263 millóns de nenos e nenas menores de 15 anos de todo o mundo están sen escolarizar
Desde o ano 2000 a situación da educación no mundo mellorou, pero queda
moito para conseguir: unha educación de calidade, equitativa, gratuíta e
universal para todas as persoas. Estas son as nosas principais tarefas:
-Sensibilizar á sociedade sobre a situación da
educación no mundo
-Mobilizar á cidadanía como voceiros e activistas
-Comunicar e informar sobre o dereito á educación
- Incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos.

Este curso
2019/2020 a Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia pon en marcha a
primeira edición do Programa de formación de activistas xuvenís polo dereito á
educación, unha iniciativa pioneira de educación transformadora para o cambio
social que se desenvolverá até o mes de maio.

Esta primeira
xornada de formación tivo como principais obxectivos favorecer o coñecemento e
a confianza entre as persoas participantes a través do traballo en
equipo. Durante dous días, os futuros activistas xuvenís realizaron un
programa intenso de actividades baseadas na aprendizaxe experiencial que os
conseguiron motivar e inspirar para actuar como un equipo cohesionado e eficaz
no que realizarse como persoas que comparten valores, conviccións e a paixón
por construír un mundo mellor.
A Xunta de
Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión
Europea, apoiará a primeira edición do programa de formación de activistas
xuvenís polo dereito á educación e que se desenvolverá no curso 2019/2020 en
Galicia.
Esta participación xurdeu como iniciativa da profesora Ana González do Departamento de Relixión. Os alumnos/as implicados son: Gabriel Folgada e Mario Santiso de 4º ESO A e Dafne Dadín de 4º ESO B.