Día do Libro 2021

 O IES de Vilalonga celebrou  esta data con diversas actividades:

_ O alumnado da materia TIC de 4º da ESO fixo coa súa profesora Minia Gómez, carteis para este día, escollemos seis os que demos un presente:

 

nº1.- Juan A. Rodiño (4ºA)

nº 2.- Zoe Invernón (4º C)

nº 3.- Ángel Méndez (4º C)

nº 4.- Daniel Padín (4ºA)

nº 5.- Mateo Rozas (4º A)


_ Fixemos un Obradoiro sobre educación "Suma a túa voz" para celebrar a Semana da Acción Mundial pola Educación 2021.

. O pasado venres 23 de abril viñeron ao noso instituto Estefanía e Laura, dúas representantes da Campaña  Mundial pola Educación en Galicia, para impartir uns obradoiros co título "Suma a túa voz". A petición da Rede Solidaria de xóvenes  do IES de Vilalonga, estas dúas  representantes falaron e tentaron concienciar ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre a importancia do dereito a educaci´n en todo o mundo e en igualdade. Neste ano de COVID-19 as desigualdade en tema educativo foron máis evidentes. Tamén nos fixeron ser conscientes de que as nosas voces reclamando ese dereito poden ser escoitadas polos nosos gobernantes e polas autoridades educativas sendo a nosa contribución pedir unha educación digna e accesible para todas as rapazas e rapaces de toso o mundo. Nestes muraid puxo cada grupo a súa voz e a súa petición. "Mil millóns de voces polo dereito a Educación"!!!. Debido a situación de pandemia non puidemos facer reivindicación fóra do centro como outros anos,
pero algo queda...

_ Visitounos a escritora Iria Misa para falar co alumnado de 4º da ESO do libro Xa non estou aquí e co alumnado de 2º da ESO  de Mamá, quero ser Ziggy Stardust. Foi unha experiencia moi positiva.





A biblioteca visibilizou este Día con carteis na entrada e nos corredores, así mesmo fixemos exposición de libros.



_ Entregamos caraveis ese Día cos préstamos:



_"Xa temos gañadores do I Concurso de Videopoema organizado polo Departamento de Lingua Castelá para celebrar o día do libro!

Na categoría A a gañadora foi Uxía Rozas Pérez, cun recitado moi fermoso, con música en directo, do poema "Me estás enseñando".



Na categoría B, por desgraza, non houbo participantes, polo que houbo que declarar o premio deserto.
Na categoría C (Bacharelato e Ciclo Superior) a gañadora foi Carmen Barahona Martínez, cun vídeo moi orixinal e traballado do poema "Odio".



Dende o Departamento de Lingua Castelá damos as grazas ao alumnado que participou e a noraboa aos gañadores, animándo a todos e todas a seguir participando neste tipo de actividades creativas."

Ningún comentario:

Publicar un comentario