ACTIVIDADE RECICLAXE E POSTA EN MARCHA DO COMPOSTEIRO
O departamento de Bioloxía e o noso instituto foi seleccionado para colaborar no Plan Revitaliza promovido pola Deputación de Pontevedra, este curso. O obxectivo principal de este proxecto é concienciar e formar aos estudantes sobre a importancia e a necesidade de tratar o lixo de forma sostible, impulsando un modelo de residuos baseado na reciclaxe e na compostaxe.
Son varias as actividades que se veñen realizando: o alumnado de 1º de ESO A, B e C da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron a oportunidade de asistir a unha charla, o día 29 de abril, dirixida por Antón, técnico ambiental, sobre a importancia de producir compost e os seus pros e contras para o futuro. Coa colaboración estreita alumnado de 4º ESO, da materia de Ciencias aplicadas, fixemos a actividade profesional de levar a cabo a instalación e posta en marcha dun composteiro no centro.
Temos algo moi claro, no IES de Vilalonga, reciclamos e compostamos, e ti? Anímate. Coidemos do noso planeta!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario