Os días 20, 21 e 22 de outubro levouse a cabo no Recinto Feiral de Pontevedra EDUGAL, salón educativo de referencia en Galicia, que trata de darlles resposta ás necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa de estudantes, centros, profesionais da educación e familias.
As claves de EDUGAL son dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional nun salón que axuda ao estudantado a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional e cunha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades que dan resposta ás necesidades de formación do alumnado que necesita elixir o centro no que formarse para acceder ao mercado laboral.
Neste marco tan importante para o futuro do noso alumnado atopamos un expositor dos ciclos de Automoción do IES de Vilalonga.
Parabéns ao profesorado e alumnado que estes días participou en EDUGAL non só para dar a coñecer o traballo que se desenvolve no noso centro e as saídas que estes ciclos ofrecen, senón polo importante labor de formación e cooperación persoal que saben transmitir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario