Día Internacional das Bibliotecas


 

Por que se celebra o Día Internacional das Bibliotecas?

En 1992, a Biblioteca Nacional de Saraievo quedou totalmente en ruínas debido ao conflito bélico dos Balcáns. A imaxe que quedou gravada na mente do mundo foi a do músico  Vedran  Smailovic, tocando o seu violonchelo entre os entullos do fermoso edificio.

Pero, Por que atacar unha biblioteca?  Máis aló de que ao longo da historia, moitos tiranos como Hitler, visen nos libros unha fonte de franca oposición e os mandasen   queimar en grandes fogueiras, a realidade é que o que detonou a destrución da Biblioteca de Saraievo, foi a súa arquitectura que incorporaba elementos de tradición árabe e oriental, lembrando a todos os que pasaban por diante dela que xa non formaban parte do Imperio Otomán (Turco).

Memoricidio, Que é e por que garda relación con esta festividade?

O  memoricidio é a palabra que se utiliza para describir a destrución do acervo cultural dun pobo. O médico e historiador croata  Mirko D.  Grmek, utilizou por primeira vez este termo nun discurso ante as Nacións Unidas, dando orixe non só á palabra senón ao propósito deste organismo de evitar que este tipo de crimes de guerra seguisen ocorrendo no mundo.

A biblioteca do IES de Vilalonga celebra o 24 de outubro publicitando  esta data e repartindo libros entre o alumnado. Respetade, coidade e gozade a nosa biblioteca é de todos/as.



Ningún comentario:

Publicar un comentario