Amosando publicacións coa etiqueta 1º da ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º da ESO. Amosar todas as publicacións

Climetraxes. 1º da ESO.

 

Estes son dous dos catorce vídeos feitos polo alumnado de Xeografía e Historia de 1º da ESO que participa no concurso Clipmetraxes de Manos Unidas.
O alumndo de 1º da ESO xunto cos seus profesores Patricia Díaz e Marcos Chaves están levando a cabo unha experiencia sobre medio ambiente, reciclaxe e ecoloxismo.
Noraboa pola vosa iniciativa e traballo. 


GUERRA AO PLÁSTICO: DESPLASTIFÍCATE!


     Coincidindo coa crise medioambiental que supón as entrañables e consumistas datas navideñas, á volta de
vacacións, o alumnado de 1º de ESO levou a cabo un proxecto de concienciación sobre o uso dos plásticos e o
impacto ambiental que xeran no noso planeta. Este proxecto permitiulles enfocar o problema a nivel teórico
mediante unha investigación en Internet e, a nivel práctico, ao visibilizar os resultados coa reutilización de residuos
e o compromiso de reciclaxe a través do reto do colector, actividades que foron levadas a cabo con verdadeiro

entusiasmo e responsabilidade.
Por medio do traballo de investigación, o
noso alumnado puido coñecer por si mesmo os
diferentes aspectos relacionados con esta materia
prima clave no mundo actual. Dende a historia do
seu primeiro uso como bolas de billar, ata a posta
en práctica de “curiosos” sistemas de reciclaxe que
se levan a cabo en diferentes lugares do mundo
nos que, por exemplo, as persoas que depositan
envases de plásticos en máquinas específicas para
elo, reciben compensacións en forma de puntos
para entradas de cine, billetes de metro ou horas
de aparcamento gratuíto (como sucede en
Sanxenxo), pasando por aqueles datos que explican
canto tardan en desaparecer moitos dos residuos
que se tiran na natureza. Tamén descubriron feitos
tan preocupantes como o a existencia de illas de plástico nos océanos (algunha incluso do tamaño de países como Francia), ou o problema dos alimentos contaminados de microplásticos que están presentes na nosa dieta e os efectos mortíferos que os plásticos poden ter sobre a fauna. Os resultados destes traballos presentáronse a través dunha aplicación que permite realizar uns murais dixitais moi atractivos, os cales foron impresos e colgados no hall de entrada dos que podedes ver algúns exemplos nos seguintes links:



Como o coñecemento do problema é o que nos aproxima á tomar a
concienciación necesaria, o traballo prestou especial atención ás 3R, amosando
ideas prácticas que nos levan a reducir o consumo que facemos practicando a
reutilización de materiais e, finalmente, cando non quede outra solución, como
reciclar correctamente os envases en relación ás cores dos contedores. Para elo, o
noso alumnado fixo gala do seu espíritu creativo cunha moi interesante exposición
de obxectos feitos a partir da reutilización de residuos plásticos, nos que
puidemos ver servilleteros, petos de aforro, títeres ou mesmo unha lámpara feita
con tapóns; sen esquecer que agora disfrutamos de “aulas silenciosas”, baseadas
na reutilización de pelotas de tenis que se colocan nas patas das cadeiras.













Alumnas creativas e solidarias.

                                                        https://youtu.be/ZJrSyUrON-0

A ONG Manos Unidas convocou un concurso de clipmetraxes que este ano ten como lema "Queres aprender a conducir polo camiño da igualdade". Lola Rea e Candela Pérez, alumnas de 1º da ESO C, como integrantes da Rede Solidaria Entreculturas, presentaron o vídeo Non pares no camiño".
Agradecemos a participación e podedes votar e difundir esta clipmetraxe. Pincha no enlace e dalle a "me gusta".

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA NO IES VILALONGA


Entre esta semana e a que vén comeza a reunirse a rapazada do Club de Lectura do IES de Vilalonga nos seus diferentes grupos.

O alumnado de 1º ESO, xunto coa profesora Inés, vai ler e viaxar pola fantasía con Charlie y la fábrica de chocolate, un clásico de Roald Dalh que engaiola cada ano as xeracións que van chegando ao noso Club.



Os grupos de 3º ESO, que xa comezaron esta semana en dúas quendas dirixidas pola profesora Carme Picallo, están a facer un percorrido pola nosa historia a través das profundas e impactantes mensaxes que Castelao nos deixou nas súas Cousas.





Coa profesora Lidia Fernández comezan tamén dúas quendas de 1º BACH, quen os tentará guiar por unha banda, nunha viaxe ao pasado co escenario de fondo da II Guerra Mundial e pasaxes ás veces difíciles de dixerir pero que son unha lección necesaria de realidade para a sociedade actual, neste caso da man de Ledicia Costas e Un animal chamado néboa. Na banda oposta, o segundo grupo tentaremos que poida sentir e danzar ao ritmo das historias e melodías que nos ofrece Rosalía Fernández Rial no seu Bonus Track.



Tamén coa
profesora Lidia, comeza este luns o grupo de 2º ESO, desta vez da man de Iria Misa e a súa novela Mamá, quero ser Ziggy Stardust, que promete ser unha lectura desas que deixan pegada.



Agora só nos queda comezar, ir incorporando os outros grupos, deixarvos as impresións das nosas lectoras e lectores e facervos, na medida do posible, partícipes das súas viaxes particulares.