Amosando publicacións coa etiqueta CGENDL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CGENDL. Amosar todas as publicacións

"Deitado frente ao mar"



http://cadernodacritica.blogaliza.org/2012/11/27/xogando-e-aprendendo-con-celso-emilio-ferreiro/


No centenario do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) pretende rendérselle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo, que aune un importante número de centros educativos na realización do recitado dun dos seus poemas máis emblemáticos. 

Neste enlace tedes toda a información: RecitandoCelsoemiliO.

Nós estamos a traballar na nosa homenaxe co alumnado de 1º da ESO.


OLLOS DE AULA



Temos aquí os dous primeiros números de Ollos de aula. Esta  é a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Está pensada como unha ferramenta de apoio ó traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, mais coa vontade de se dirixir a toda a comunidade educativa e, moi especialmente, ás familias, un piar fundamental na formación do noso alumnado e mais na extensión de usos do noso idioma.

Orgullos@s do galego


Aí está a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con esta campaña Orgullos@s do galego, unha mostra de bo facer de profesionais que están a traballar duro, desinteresadamente e a contracorrente na defensa do galego nas aulas e na sociedade.
Parabéns tamén a Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro por estaren orgullos@s do galego ao 100%.