Amosando publicacións coa etiqueta PUBLICACIÓNS DIXITAIS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PUBLICACIÓNS DIXITAIS b>. Amosar todas as publicacións
Núm. 9 de "Ollos de aula"
A CGENDL segue o seu inestimable traballo coa realización e publicación desta revista pensada para as familias do noso alumnado, achegando interesantes artigos dirixidos, fundamentalmente, ós pais e nais, pero que tamén pensan nos gustos e intereses dos rapaces.
"Ollos de aula" cumpre un ano de existencia con este número 9 e iso xa é de por si unha boa noticia que debemos celebrar. Parabéns!
30 anos da LNL, Núm. 3 de "LETRA MIÚDA" e punto.GAL
Destacamos hoxe tres novas normalizadoras:

- Celebramos os 30 anos da Lei de normalización lingüística (LNL), coas súas luces e sombras. Deixamos aquí unha análise de distintos persoeiros sobre esta nova.
- A aprobación de .GAL polo ICANN, o organismo internacional que goberna os enderezos URL da Internet, dominio que servirá á comunidade lingüística e cultural galega.
" A letra miúda"
A Coordinadora Galega de ENDL edita o primeiro número de A letra miúda, unha publicación dixital dirixida ao profesorado dos centros de ensino non universitario.
Trátase dunha revista dixital que pretende a autoformación do profesorado en cuestións de sociolingüística básica orientadas cara ó ensino
OLLOS DE AULA
Temos aquí os dous primeiros números de Ollos de aula. Esta é a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Está pensada como unha ferramenta de apoio ó traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, mais coa vontade de se dirixir a toda a comunidade educativa e, moi especialmente, ás familias, un piar fundamental na formación do noso alumnado e mais na extensión de usos do noso idioma.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

