Amosando publicacións coa etiqueta Premio Nacional de poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio Nacional de poesía. Amosar todas as publicacións

OLGA NOVO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Porque na beleza da terra escriben con tinta

os vosos corazóns

                      eu aprendo.

  Así remataba algunha intervención no acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato, un curso marcado pola Covid-19,  pero que deixou a pegada profunda dunha xeración extraordinaria.

   Estes versos, tan ben escollidos, son parte de Feliz Idade, poemario de Olga Novo, obra que vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020 que outorga o ministerio de Cultura e Deporte. Como ben recolle o xurado, Feliz Idade é o "relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo". 

   Dende o ano 2013, catro poetas galeg@s gañaron o Premio Nacional de Poesía, Manuel Álvarez Torneiro, Gonzalo Hermo, Pilar Pallarés e, este ano, Olga Novo. Pois, como ben di de Olga, "a poesía non sabe de fronteiras, o que importa é a beleza". Gocemos pois desa beleza na lectura de Feliz Idade e na da grande calidade que nos ofrece a poesía galega actual.

Premio Nacional de Poesía 2019


Unha casa familiar reducida a entullos para abrir oco á ampliación dun aeroporto e o soño destruído das clases traballadoras. Ese é o punto de partida de Tempo fósil (2018), o libro de poemas que converteu este xoves á poeta Pilar Pallarés, de 62 anos, na terceira autora en lingua galega en recibir o Premio Nacional de Poesía despois de Manuel Álvarez Torneiro (2013) e Gonzalo Hermo (2015). O xurado designado polo Ministerio de Cultura distinguiu esta obra “por transmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido”.




Durmirme na noite do teu pelo
no fío do teu beizo desvanecerme
ser tan só  pigmento da túa pelo
fósforo aceso na medula do teu óso
desposuírme
serche
no músculo que tensa as túas coxas
na vea que  azulea na túa boneca.

                                         (Pilar Pallares)