Porque na beleza da terra escriben con tinta
os vosos corazóns
eu aprendo.
Así remataba algunha intervención no acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato, un curso marcado pola Covid-19, pero que deixou a pegada profunda dunha xeración extraordinaria.
Estes versos, tan ben escollidos, son parte de Feliz Idade, poemario de Olga Novo, obra que vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020 que outorga o ministerio de Cultura e Deporte. Como ben recolle o xurado, Feliz Idade é o "relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo".
Dende o ano 2013, catro poetas galeg@s gañaron o Premio Nacional de Poesía, Manuel Álvarez Torneiro, Gonzalo Hermo, Pilar Pallarés e, este ano, Olga Novo. Pois, como ben di de Olga, "a poesía non sabe de fronteiras, o que importa é a beleza". Gocemos pois desa beleza na lectura de Feliz Idade e na da grande calidade que nos ofrece a poesía galega actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario