A voltas coa tecnoloxía- Día da Biblioteca 2020



O mundo actual depende, en gran parte, das novas tecnoloxías. Témolas nas nosas casas, no centro de ensino, nos postos de traballo, na rúa, etc. É preciso acercarnos a elas e aprender a usalas. O obxectivo sería como se indica no plan LIA das Bibliotecas escolares de Galicia: apoiar a adquisición das competencias clave do alumnado e contribuír a un maior logro académico, mellores resultados e actitudes de aprendizaxe. Tamén estariamos dentro das competencias ALFIN/AMI: deseñar e desenvolver programas para a mellora da competencia informacional e mediática do alumnado.

O venres 23 de outubro de 2020 de 12:28 a 14:10h na biblioteca do centro a empresa Makergal ensinounos como funcionan as impresoras 3D, como modelar en 3D e imprimimos algunha figura. Participaron na actividade 12 alumnas e alumnos de 1º de bacharelato. Algunhas imaxes desa actividade que nos permitiu coñecer ou afondar na creación de obxectos en 3D:


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario