Amosando publicacións coa etiqueta Uxío Novoneyra b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Uxío Novoneyra b>. Amosar todas as publicacións
Exposición de Adela Leiro e Carlos Puga
O noso centro conta estes días coa exposición de fotografías do Courel inspiradas nos poemas de Uxío Novoneyra. Damos as grazas a Adela Leiro e Carlos Puga por tan coidadoso traballo.
Blog sobre Novoneyra realizado por alumnos de 1º de Bacharelato
Os alumnos e alumnas de 1ºBAC do IES Castro da Uz das Pontes queren invitarvos a entrar no seu blog sobre Novoneyra, realizado en colaboración co equipo da biblioteca. Recomendan que vos fixedes na biografía para saber cal é a árbore que rexe a vosa vida...
A verdade é que é moi cómodo de ver e ten moitos contidos interesantes e ben realizados. Alí poderedes atopar material para ler e escoitar dividido nas seguintes epígrafes:
1. Novoneyra na literatura galega
2. Se che entra fame no Courel...
3. A terra de Uxío Novoneyra
4. Etapas na vida de Novoneyra
5. A paisaxe de Novoneyra: Flora e Fauna
6. Biografía
7. Bibliografía
8. O fonosimbolismo en Os Eidos
Uxío Novoneyra
Nesta entrada imos ir recollendo todo o material que atopemos relacionado con Uxío Novoneyra e a súa obra.
Páxina oficial de Uxío Novoneyra
- Páxina da CGENDL (recompila todos os recursos)
- Páxinas sobre Novoneyra de Fran Alonso.
Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1990)
O mércores 24 presentouse en Pontevedra o número XIV dos Cadernos Ramón Piñeiro, titulado Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999). Na presentación estiveron Hermino Barreiro, Daniel Pino, Luís Cochón e X. Luís Méndez Ferrín, o acto contou coa presenza tamén de Anxo Lorenzo.
En palabras de Uxío: "Cada vez serán menos os que se trabuquen de patria"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)