Amosando publicacións coa etiqueta seminario de Xeografía e Historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta seminario de Xeografía e Historia. Amosar todas as publicacións

Visita didáctica a Santiago

 

 O venres 22 de marzo o alumnado da materia de Historia da Arte visitou a catedral de Santiago de Compostela. Os profesores que coordinaron esta actividade e acompañaron ao alumnado foron José Dopazo de Latín e Grego e Mª Teresa Fidalgo de Xª e Historia. Os obxectivos eran:

_ Visitar unha obra de arte na realidade para apreciar todas as súas características artísticas.

_ Relacionar a catedral co contexto histórico-artístico de Galicia.

_ Aprender a valorar os monumentos próximos e ser conscientes da súa valía.

_ Apreciar a transcendencia desta obra máis alá do tempo e o espazo que ocupa na actualidade.

_ Ver "in situ" todos os elementos arquitectónicos e escultóricos que posúe.

_ Visitar a obra na súa totalidade: interior, fachadas, cubertas, museos, torres, etc.

A experiencia foi considerada positiva polo alumnado que expresou a súa sorpresa pois nunca, dicían, viran un monumento de xeito tan minucioso.

Materia nova no IES de Vilalonga

Este curso 2018/19 estamos de noraboa no Centro, temos unha nova materia optativa para o alumnado da ESO, o seu nome é "Violencia de xénero". A profesora que a propuxo e que a imparte é Patricia Díaz González (do seminario de Xeografía e Historia), está moi ilusionada e non para de traballar e ten un grupo bastante numeroso que se mostra moi activo igual que a súa profesora.
Están organizando numerosas actividades: un muro sobre o  machismo para derribar, un panel con lemas e debuxos para acabar con esta lacra, vídeos, fotos, etc.
Sen dúbida o obxectivo é  traballar en valores como igualdade, tolerancia, esforzo, xustiza, etc.
O que nos parece MOI IMPORTANTE.