Amosando publicacións coa etiqueta departamento de latín e grego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta departamento de latín e grego. Amosar todas as publicacións

Visita didáctica a Santiago

 

 O venres 22 de marzo o alumnado da materia de Historia da Arte visitou a catedral de Santiago de Compostela. Os profesores que coordinaron esta actividade e acompañaron ao alumnado foron José Dopazo de Latín e Grego e Mª Teresa Fidalgo de Xª e Historia. Os obxectivos eran:

_ Visitar unha obra de arte na realidade para apreciar todas as súas características artísticas.

_ Relacionar a catedral co contexto histórico-artístico de Galicia.

_ Aprender a valorar os monumentos próximos e ser conscientes da súa valía.

_ Apreciar a transcendencia desta obra máis alá do tempo e o espazo que ocupa na actualidade.

_ Ver "in situ" todos os elementos arquitectónicos e escultóricos que posúe.

_ Visitar a obra na súa totalidade: interior, fachadas, cubertas, museos, torres, etc.

A experiencia foi considerada positiva polo alumnado que expresou a súa sorpresa pois nunca, dicían, viran un monumento de xeito tan minucioso.

Viaxe didáctico a Roma

A semana do 28-02 ao 04-03 de 2024 levouse a cabo un viaxe didáctica a Italia. Participaron 25 alumnas/os de 2º de bacharelato C-D. Os profesores responsables desta actividade foron José Dopazo Blanco do Departamento de Latín e Grego e Mª Teresa Fidalgo Villaverde do Departamento de Xeografía e Historia. O obxectivo principal era poñer en contacto ao alumnado coas obras de arte na realidade e tratar de que comprenderan a súa importancia para explicar o pasado e o presente da humanidade. 

Visitamos Roma, situada no centro da península italiana, a súa importancia histórica é enorme, antigamente foi a capital do Imperio romano e hoxe é a capital do país. Situada na rexión do Lacio e atravesada polo río Tíber, ten unha poboación de 2.600.000 habitantes. Posúe gran cantidade de monumentos do antigo esplendor e monumentos e obras artísticas de valor incalculable.

Na zona oeste da cidade encóntrase o Vaticano, é un estado independente, centro da Igrexa Católica.



Visitamos gran cantidade de museos, catedrais, prazas, pazos, fontes... O alumnado que participou na actividade calificouna de moi positiva.





Viaxe a Roma


O alumnado da materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato viaxou a Italia, nunha saída didáctica relacionada con esta materia.

Acompañados polos profesores José Dopazo Blanco ( Latín e grego) e María Teresa Fidalgo Villaverde (Historia da Arte). A viaxe abarcou do 9 ao 14 de Xaneiro e visitaron Roma. O obxectivo principal era ver as obras no seu contexto, tratando de observar as súas características directamente, tamén comprender a súa transcendencia  no pasado e no presente e asemade vivir a experiencia da viaxe, visitar outro país, escoitar outro idioma, ver outros costumes, etc.

Visitamos e comentamos numerosas obras artísticas de arquitectura, escultura e pintura, consideradas senlleiras da arte occidental. Moitas das mesmas forman parte do temario da materia.

A volta preguntamos ao alumnado a súa opinión sobre a actividade e a resposta foi: marabillosa.


HISTORIA DA ARTE. 2º DE BACH. C


Informe da viaxe didáctica a Italia:

O Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración coa biblioteca, organizou unha excursión a Italia entre os días 8 e 15 de xaneiro de 2020. O alumnado que participou foi o da materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato C, en total once alumnos/as acompañados polos profesores: Mª Teresa Fidalgo, de dito Departamento, e José Dopazo de Grego e Latín. Visitamos as seguintes cidades: Bolonia, Módena, Rávena, Florencia e Pisa.
Os obxectivos eran:
   a.- Levar a cabo unha viaxe cultural cuxos destinos e visitas formaran parte da materia impartida na aula.
        b.- Que o alumnado de Historia da Arte tomara contacto con diferentes obras de arte in situ.
        c.- Aproximar ao alumnado a Historia da Arte e os linguaxes artísticos.
        d.-Espertar inquietudes cara a materia e a experiencia estética na realidade. Estimular no alumnado a capacidade de análise dunha obra de arte.
         e.-Aplicar os coñecementos aprendidos na aula.
  f.- Facer que o alumno/a se desenvolva en lugares e ambientes distintos os habituais para que madure a súa capacidade de independencia (habilidades comunicativas, actitudes responsables e de respecto, convivencia adecuada,etc.)
         g.- Estimular no alumnado a súa capacidade para resolver problemas.

A valoración por parte do alumnado foi moi positiva, levouse a cabo unha enquisa e os resultados foron que lles pareceu moi adaptada a materia, dun alto valor didáctico e unha experiencia positiva Estamos preparando unha exposición sobre a mesma que inclúe fotografías, vídeos e textos sobre os lugares e obras artísticas visitadas.





VIAXE DIDÁCTICA A NÁPOLES


Napoli sotterranea
O alumnado da materia de Historia da Arte viaxou a Nápoles (Italia) do día 15 ao 20 de xaneiro, xunto cos profesores Mercedes Mora Calvo, José Dopazo Blanco e Mª Teresa Fidalgo Villaverde.

Os obxectivos da saída eran:
  1. Vivir a experiencia de viaxar ao estranxeiro utilizando distintos medios de transporte.
  2. Coñecer outros lugares, outros pobos e sentirse parte dun mundo global.
  3. Visitar os distintos monumentos, museos e curiosidades da rexión da Campania.
  4. Poder ver e analizar obras de arte fronte a elas, apreciándoas na realidade.
  5. Valorar o patrimonio artístico da zona visitada e en xeral, pois forma parte do noso pasado.
A parte de vivir experiencias diferentes por estar fóra da casa e do centro educativo, visitamos numerosos lugares:
  • Templos gregos e Museo de Paestum.
  • Pompeya.
  • Museo Arqueolóxico de Nápoles.
  • Palacio Real de Capodimonte.
  • Nápoles subterránea.
  • Catedral e Praza do Gesú Nuovo.
  • Porto, Praza do Plebiscito, Castell`Ovo.
  • Cartuja de Sant´Elmo.


COMEMOS DE MARABILLA E PASÁMOLO MOI BEN !!!!!






Viaxe a Italia

O Departamento de Francés, xunto co Departamento de Latín e Grego e o de Historia do Arte, organizou unha viaxe cultural a Italia durante 7 días nos que se visitaron as cidades de Roma, Florencia e Pisa. 



As visitas guiadas, os monumentos como o Coliseo e o Foro romano, o Panteón, os museos Vaticanos, a Academia, os Uffizi, a Torre de Pisa, as rúas, as prazas das 3 cidades encheron os nosos ollos de admiración e o noso corazón de ganas de voltar logo de lanzar a moeda á Fontana de Trevi en Roma e de meter a moeda na boca do xabarín en Forencia.


Unha magnífica viaxe no espacio e no tempo de 75 alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato e 6 profesores.