2º Premio Poesía, categoría B: TODO É POESÍA

Este é o segundo premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: (3º ESO Diversificación)

 TODO É POESÍA

Poesía es ti,
É a noite que te acubilla,
É o mar que te bica.
A auga doce é poesía.

Poesía é o tren polo val,
É a noite fundida no día,
É o son do teu corazón.
A vida é poesía.

Poesía es ti,
Poesía é a noite que te acubilla,
Poesía é o mar que te bica.
A auga doce é poesía.

Poesía é África traballando,
China rebulindo,
Europa gozando.
A xeografía é poesía.

Poesía é un doce na túa boca
É a túa mirada salgada,
É o son da túa voz.
Todo en ti é poesía.

1º Premio Poesía, categoría B: O ESPERTAR

Este é o primeiro premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Miriam García Otero (4º ESO A)

 O ESPERTAR

Cando esperto
Só quero chorar,
Paréceme inxusto
Voltar espertar.

Vestirse, lavarse
Sen ter que almorzar,
Nin froita nin zume
Nin pan para untar.

Quixera ter cartos
Poder ir a un bar,
Mercar uns donetes
Comer a fartar.

E para molar,
Roupa cara
E un coche mercar.

Poder saír de festa,
Xogar, rir, troular
E feliz sempre estar.

2º Premio Poesía, categoría A: MI CLASE

Este é o segundo premio de poesía na categoría A do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Antón Rial García (1º ESO A)

MI CLASE

Mi clase la más singular,
Como es les voy a contar.
En el primer piso, en la primera aula,
Les cuento cómo es esta gente con maula.

Está Robertito, el gracioso,
Que estudia bastante, pero trabaja poco.

También está Víctor, el callado,
Que aunque estudia mucho, de notas ha bajado.

Alejandro es un fan de Fhineas y Ferb,
Pero que apruebe todas, eso está por ver.

David Güimil es un trabajador,
Ya que todas las materias adora con ardor.

Cayetano es un artista, dibuja mejor que Van Gogh,
Aún así en Matemáticas, de notas él bajó.

La tutora de nuestro curso se llama Isabel,
Y es tan bella y aguda como un cascabel.

Espero que esta poesía les haya gustado,
Ya que a mí y a mis compañeros nos ha encantado.

2º Premio Relato, categoría B: ZIP

Este é o segundo premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Sarai Gondar Domínguez (3º ESO A)


ZIP

Un sorriso pode destrozar tantas vidas. Aquel sorriso que unha vez me tivo cautivo, aquel mirar que algunha vez fíxome sentir o calor que desprenden os teus ollos. As mans que un día lentamente acariciaban as miñas costas, cando o sol brillaba sobre as nosas cabezas.

Como resumir todo o que nós vivimos nunha única liña? Sería imposible! E agora disme que o esqueza, que o noso é imposible. Mintes! Iso é o que ti queres facerme crer. Como esquecerme de todo? Como o fixeches? Non mo creo.

Iso foi o último que escribín no meu caderno antes de tomarme o “Zip”, unha substancia que aínda non sei moi ben o que é. A quen escribía? Iso non o escribín eu? Non o entendo. Sería esa a razón pola cal a tomaría? E se o fose sería mellor non recordarse?

Mmm! Hoxe apetéceme algo distinto. Para variar, hoxe quero ir descubrir novos lugares. Pero a intriga mátame. Que pasaría para que eu cometese iso? Será mellor deixar de facerme preguntas sen resposta.

Collín a miña mochila e funme xogar ao fútbol cuns amigos. Despois dun bo anaco, acercóuseme unha rapaza moi bonita que parecía como se me coñecese, pero eu non a recordaba. Chamábase Verónica, era un bonito nome que facía xogo con ela. Sorriume e quedamos un momento falando. Miroume, mireina e bicámonos. Desde ese día levamos cinco meses saíndo, agora dime que se vai con outro. Certamente non sei que facer, pódeme a ira e a escuridade vai apoderándose pouco a pouco do meu
corazón.

Teño un dilema moral, que facer? Sufrilo como faría calquera outra persoa ou mellor tomarme o “Zip” e esquecerme dela? Un minuto, e se fose ela quen me dixo esas palabras antes de tomarme por primeira vez o “Zip”? non sei que facer, consultareino coa almofada e mañá tomarei unha decisión.

2º Premio Relato, categoría B: A HISTORIA DO VELLO DO RÍO

Este é o segundo premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: J. Carlos Rodríguez Meis (3º ESO C)

A HISTORIA DO VELLO DO RÍO

Alá abaixo, pola chaira sempre ía o río, tranquilo, fresco, estomballado coma un home na sesta. Eu podía pasar horas e horas mirando para el e sempre o facía porque pasa moi preto da miña casa. É un río normalmente tranquilo e caudaloso, con moita vexetación ao redor. Pero cando chove convértese nun río torrencial e debastador, coas augas cheas de lodo.
Aquel día, aproveitando que estaba bo tempo, fun pescar, aínda que non é un río con moitos peixes. Collín a cana, meu gallapán, o meu sombreiro e a miña troiteira para poñer rumbo ao río. Cando cheguei había un vello pescando e púnxenme á súa beira. De repente o vello marchou. Eu seguín pescando. Ese día non vin nin a primeira troita! Entón collín a cana, pregueina outra vez e, cando ía marchar, volveu o vello de antes e díxome:
- Neste río non vas pescar nada. Fun mirar alá arriba e están a construír unha presa.
Eu exclamei:
- Unha presa! Como non me dera conta antes? E que a xente non o ía impedir? Eu estaba confuso.
Agora xa pasaron vinte anos desta historia. Ao final fomos protestar aquel vello máis eu. A el golpeárono tanto cunha grúa que lle causaron a morte, pero pararon as obras.
Escribo esta historia no seu honor. Cada ano lévolle, ao lugar onde faleceu, un ramo de flores e un cartel que pon:
Fóra as presas dos ríos!

1º Premio Relato, categoría B: ALGO INSÓLITO

Este é o primeiro premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Patricia Pérez Domínguez (3º ESO C)

ALGO INSÓLITO

Eu estaba alí, pechada naquel galiñeiro fedorento.
Respiraba entrecortadamente apoiada na columna de madeira. Estaba esgotada. Agudicei o oído e mantívenme á espera mentres os latexos do meu corazón martilleaban nos meus oídos. Fóra semellaba estar todo en calma.

Maldito sexa o día no que se me ocorrera visitar a base militar deshabitada, pensei. Os recordos acudíronme en tropel e non tiven máis remedio que aceptalos.
Vaites! Si que era grande o enreixado da base militar. Por que razón o 2º enreixado estaba electrificado? Tamén dicían ás veces que os gardas civís subían ata alí. Para que? Mentres me preguntaba todo isto, fora adentrándome na maleza, preto da entrada principal. Un letreiro na cancela poñía: “BASE MILITAR. PROHIBIDO O PASO”. A única maneira de acceder era por alí e eu sabía que só tiña unha oportunidade de esquivar os gardas.

Grazas a escuridade da noite podería entrar sen ser vista. Non o pensei máis. Funme cara a cancela e coleime dentro rapidamente. Seguindo unha corazoada, paseei polos corredores. Por todo o chan había papeis. Algúns de 1899, e mesmo de 2005? Non podía ser! A base levaba pechada desde o ano 2000. Ao levantar a mirada do papel observei, con gran asombro, un panel eléctrico táctil. Acerqueime e comprobei que a última revisión que se pasara era de 2009. Este ano! Deus! Era certo. A base seguía aberta e non obstante queríannos facer crer que non.

De socato oín un ruido detrás de min. Era a porta metálica do panel electrónico. Militares armados e o que parecía un home morto, presentáronseme diante dos meus ollos. Botei a correr e uns disparos pasáronme rozando. Corrín ata chegar a unha granxa. Metinme dentro e pechei a porta
con chave. Intentei tranquilizarme. Xa non oía nada fóra. Estaría a salvo?

A porta abriuse e un forte estoupido oíuse en todo o lugar. Notei a presión da bala no meu estómago. Ía morrer por unha tontería. O último que sentín foron uns dedos no meu pescozo e un susurro que me dicía: “Síntoo. Son ordes. Máis che valía non ter entrado na base”.

Certame literario Abril dos Libros e Maio das Letras: PREMIOS RELATO CURTO

Certame literario Abril dos Libros e Maio das Letras: PREMIOS POESÍA