Este é o segundo premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Sarai Gondar Domínguez (3º ESO A)ZIP
Un sorriso pode destrozar tantas vidas. Aquel sorriso que unha vez me tivo cautivo, aquel mirar que algunha vez fíxome sentir o calor que desprenden os teus ollos. As mans que un día lentamente acariciaban as miñas costas, cando o sol brillaba sobre as nosas cabezas.
Como resumir todo o que nós vivimos nunha única liña? Sería imposible! E agora disme que o esqueza, que o noso é imposible. Mintes! Iso é o que ti queres facerme crer. Como esquecerme de todo? Como o fixeches? Non mo creo.
Iso foi o último que escribín no meu caderno antes de tomarme o “Zip”, unha substancia que aínda non sei moi ben o que é. A quen escribía? Iso non o escribín eu? Non o entendo. Sería esa a razón pola cal a tomaría? E se o fose sería mellor non recordarse?
Mmm! Hoxe apetéceme algo distinto. Para variar, hoxe quero ir descubrir novos lugares. Pero a intriga mátame. Que pasaría para que eu cometese iso? Será mellor deixar de facerme preguntas sen resposta.
Collín a miña mochila e funme xogar ao fútbol cuns amigos. Despois dun bo anaco, acercóuseme unha rapaza moi bonita que parecía como se me coñecese, pero eu non a recordaba. Chamábase Verónica, era un bonito nome que facía xogo con ela. Sorriume e quedamos un momento falando. Miroume, mireina e bicámonos. Desde ese día levamos cinco meses saíndo, agora dime que se vai con outro. Certamente non sei que facer, pódeme a ira e a escuridade vai apoderándose pouco a pouco do meu
corazón.
Teño un dilema moral, que facer? Sufrilo como faría calquera outra persoa ou mellor tomarme o “Zip” e esquecerme dela? Un minuto, e se fose ela quen me dixo esas palabras antes de tomarme por primeira vez o “Zip”? non sei que facer, consultareino coa almofada e mañá tomarei unha decisión.

Ningún comentario:
Publicar un comentario