O Salnés BOTA a lingua


O pasado martes 27 a nosa coordinadora de equipos de normalización e dinamización lingüística do Salnés celebrou o acto: O SALNÉS BOTA A LINGUA no Auditorio de Vilagarcía ás 20.00 h. Nel participamos todos os centros integrados nela. E non só contamos coa presenza do profesorado, senón que o alumnado e os seus pais e nais tamén nos arrouparon nesta protesta contra o chamado novo decreto de plurilingüismo.

O acto comezou coa intervención musical dun grupo de alumnos de distintos institutos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Despois tivo lugar unha proxección audiovisual, na que se resumían, brevemente, os quince anos da coordinadora, cos seus máis destacados éxitos: o concurso de adhesivos, a revista de banda deseñada Enormic Banda e o xogo de mesa sobre o Salnés.

Valentina Formoso da Coordinadora galega de ENDL comentou todos os aspectos do novo decreto. Unha nai do Castro Alobre, un alumno de Carril e un profesor do Cotarelo tamén fixeron as súas achegas.

Graciñas ó noso alumno, David Leiro Magdalena, e a nosa nai, María García Fariña por acompañarnos e representar a nosa comunidade escolar.

Para que les?

As alumnas e os alumnos de 3º de ESO Diversificación opinan grazas ao traballo en equipo das Bibliotecas Escolares

23 DE ABRIL
DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Carla Besada Otero



Bernabé Varela Faro

 Estefanía Padín García

Inés Camiña Padín



José Carlos Rodríguez Meis


María Fandiño Moldes

Olalla Pérez Sampedro

Patricia Pérez Domínguez


Roberto Amoedo Castro

Sonia Crespo Rial

Elisa


IV Certame Literario IES de Sanxenxo

Desde "A beira das palabras" querémoslle agradecer ao IES de Sanxenxo ternos convidado a participar no IV Certame Literario dese instituto.
Sorprendeunos moito a enorme cantidade de participantes e o ben organizado que tiñan o certame.
Todo un acerto esta convocatoria presencial, lonxe desoutros concursos literarios, aquí os participantes experimentan a escrita literaria en directo, en igualdade de condicións, a partir doutros textos literarios.
Deixamos aquí unhas fotos tiradas durante o certame e dámoslles os nosos parabéns á organización.

IV Certame Literario IES de Sanxenxo on PhotoPeach

LER ESTÁ DE MODA



Con este inxenioso vídeo sobre as posibilidades do libro e do achegamento á lectura de xeito tradicional, facemos a nosa pequena homenaxe á celebración do vindeiro venres 23, DÍA DO LIBRO.

Lingua de @mor

 
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) pon en marcha a cuarta edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

O concurso está divido en dúas categorías: declaracións e cancións.
 
O prazo de presentación remata o 28 de maio.
 
O prazo de votacións vai dende o 29 de maio ata o 6 de xuño.
 
Premios: un computador portátil Netbook, unha consola Nintendo DSI XL e unha cámara de fotos dixital os tres primeiros premios ademais dun lote de libros e música en galego.
 
Rexístrate na web de Lingua de @mor e participa!

CONCERTO A FAVOR DO GALEGO



A plataforma Queremos Galego organiza un macrofestival musical, que presenta como "un concertazo contra o decretazo". A cita será no recinto feiral de Pontevedra, ás 19.30h, este sábado 17 de abril. Vémonos alí.

Buscadores de libros

Isto é unha pequena listaxe dos buscadores de libros máis coñecidos:

Bibliomania – buscador de obras de literatura clásica.

Biblioteca Dixital Mundial - (World Digital Library) Contén manuscritos, mapas, libros pouco comúns, partituras musicais, gravacións, filmes, gravados, fotografías e debuxos arquitectónicos de todo o mundo.

Ebook Engine – enlaza con otros buscadores de ebooks gratis.

Ebooksearchengine.com – buscador de ebooks en formato PDF e doc.

eLibrary - é un aplicativo para a catalogación, organización e xestión de coleccións de libros para un uso persoal, ten a opción de tentar extraer o ISBN a través da busca nas propias páxinas da publicación, do nome do ficheiro ou mesmo buscando en Amazon e o servizo de Google Books, característica totalmente automática que se executa con tan só arrastrar e soltar un ficheiro dentro da xanela de eLibrary.

Google Books – buscador de libros de balde, de acceso fragmentado e de pagamento.

Open Library – é un proxecto colaborativo como a Galipedia, que ten como obxectivo ofrecer toda a información existente de todos os libros do mundo, xa sexan físicos ou dixitais, estean á venda ou descatalogados.

PDF Geni - buscador de libros en formato PDF, conta cunha extensión dispoñible para Firefox.

PDF Search Engine - buscador de arquivos en formato PDF, tamén conta cunha barra de ferramentas de procura de Firefox para ebooks.

PDFse - buscador para atopar ebooks, manuais, cursos, temarios, exercicios, etc. en formato PDF, con nube de etiquetas, buscador de palabras clave e un glosario alfabético.

Proxecto Gutenberg - (Project Gutenberg) é un esforzo voluntario para dixitalizar, arquivar e distribuír obras culturais a través da dixitalización de libros. Fundado en 1971, é a mais antiga biblioteca dixital. A maioría dos seus textos son de dominio público, ben porque nunca tiveron dereitos de autor ou porque se os tiveron estes xa expiraron. 

Search PDF eBooks -  Procura documentos e libros en PDF.

* Post realizado partindo de información facilitada por María Rodríguez.