A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística organizou esta Xornada da Ciencia en Galego para primaria e 1º de ESO cunha viodeconferencia da nosa profesora Susana Oubiña Falcón.
Charla de Física Re-creativa
Hai xa un par de semanas tivemos o privilexio de ter con nos ao profesor da Universidade de Vigo Don José Benito Vázquez Dorrío que deu unha charla para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato sobre física re-creativa.
Foi unha charla que non deixou indiferente a ninguén, unha maneira de ver o ensino dende a aplicación e a explicación práctica desas fórmulas que a primeira vista nos pareces incomprensibles á maioría dos mortais.
O alumnado participou nos experimentos, disfrutou, aprendeu e quedou con ganas de mais.
Saída en busca de restos megalíticos co alumnado de 1º ESO
O Departamento de Xeografía e Historia
organizou unha saída para o alumnado de 1º ESO co obxectivo de que viran, cos seus propios ollos, restos da cultura
megalítica galega, están a estudar a prehistoria.
Algúns dos lugares visitados:
O dolmen de Axeitos (Ribeira, A
Coruña), construido entre o 3.600 y 4.000 antes de C. , é unha mostra da arquitectura
funeraria megalítica dos primeros asentamentos en
Galicia. Trátase unha tumba colectiva onde se soterraban as persoas máis importantes do lugar con algunhas ofrendas (machadas, coitelos,
puntas de flecha, vaixelas de barro…).
Castro de Baroña:
(Porto do Son, A Coruña), situado nunha península, posúe
unha gran beleza paixasística . Datado entre o século I a. de c.e o século I
despois de C. Tiña unha muralla exterior e conserva 20 vivendas orixinais.
Mirador de Paxareiras: (Carnota, A Coruña), vistas impresionantes da praia máis grande de Galicia e das rías de Corcubión e Fisterra.
Fervenza do río Xallas: (Ézaro, A Coruña), fermoso paraxe natural.
Cabo Fisterra: (Fisterra, A Coruña), os romanos pensaron que este era a fin do mundo coñecido.
Obradoiro de xornalismo no IES de Vilalonga
A escola de xornalistas de Galicia acudiu ao IES de Vilalonga para
impartir uns obradoiros sobre o xornalismo ao alumnado de 3º ESO. Estes
obradoiros tiveron una duración de dúas horas cada un nos que se trataron
diversos temas.
Explicáronnos que é un xornalista, en que consiste o seu traballo, de
onde obteñen a información, os diferentes lugares onde poden publicar as súas
novas, etc.
Insistiron sobre todo en que unha parte da información que aparece nos
medios de comunicación non sempre é certa e en que temos que ter coidado coas
fontes de onde sae esa información e a súa fiabilidade.
Ademais, para completar os obradoiros acudiu ao IES de Vilalonga a TVG
que gravou a actividade en directo para o programa de A Revista . A TVG entrevistou a algúns dos alumnos sobre o que aprenderán
e se lles gustara a actividade ou non.
Sabela Ara Solla (3ºESO)
Podedes ver o programa A Revista
neste enlace
Día do libro na Biblioteca do IES de Vilalonga
Anticipándonos un día ao 23 de abril porque este ano cae en sábado e o instituto estará pechado, hoxe celebramos o Día do Libro na Biblioteca do IES de Vilalonga de xeito que todos e todas os que viñeron buscar un libro levaron tamén un caravel seguindo a tradición de San Jordi.
Para festexar o día do libro xa levan uns días
varias exposicións e carteis (algunha para aportar o noso grao de area ó IV
centenario da morte de Cervantes e de Shakespeare ) e outras están por vir.
Exposición sobre Shakespeare no IES de Vilalonga
Coincidindo co IV centenario da morte de Shakespeare, o Departamento de Inglés do IES de Vilalonga elaborou unha serie de carteis sobre a vida e a obra dun dos escritores ingleses mais universais e con obras teatrais tan coñecidas como Hamlet, Macbeth, El sueño de una noche de verano, Romeo y Julieta entre outras.
Quen non coñece o "ser ou non ser, velaí a cuestión", a historia de amor imposible entre Romeo e Xulieta ou as traxedias nas que ronda a morte, a vinganza, a fatalidade.
O Departamento non só implicou ao alumnado na elaboración da exposición senón que está a visitala con eles para que posteriormente fagan un xogo contestando ás preguntas relacionadas coa información proporcionada nos carteis.
"Ariños, aires, Rosalía"
Na exposición "Airiños aires Rosalía", que se pode visitar na Casa do Cabido na Praza das Praterías en Santiago de Compostela até o mes de xuño, o fotógrafo Xurxo Lobato repasa a iconografía e os escenarios vitais de Rosalía de Castro.

Nesta ligazón podedes atopar unha fotogalería da exposición.
23 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Desde o Concello de Santiago de Compostela distintos persoeiros das nosas letras son os protagonistas deste bonito cartel, así Rosalía de Castro, Roberto Vidal Bolaño, Camilo José Cela, Ramón María del Valle Inclán, Gonzalo Torrente Ballester e Castelao son os encargados de lembrarnos a celebración do Día Internacional do Libro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)