O 24 de outubro celébramos o Día das bibliotecas escolares, no IES de Vilalonga colocamos carteis publicitando a nosa biblioteca. O alumnado de 1º de ESO baixou a sala da biblioteca durante a hora de ler para impregnarse do ambiente e ver a oferta da mesma. Nos carteis da hora de ler tamén recordamos esta data.
24 de outubro: Día da biblioteca
Regueifas 2022-23
Neste novo curso o alumnado de 4º de ESO ten a oportunidade de participar no obradoiro de regueifas con Pinto de Herbón.
Sairá de aquí unha nova xeración de regueifeiras/os??
Animais míticos no Camiño de Santiago
O 25 de outubro o alumnado de 2º ESO puido coñecer as figuras dos animais míticos que van aparecendo ao longo de edificios históricos no Camiño de Santiago a tavés do obradoiro baseado no libro Animais míticos do Camiño de Santiago de César Cequeliños e Jorge Campos publicado por Aira Editorial.
Da man de Begoña, de Xeitura cooperativa, divertíronse e crearon varios produtos arredor destas figuras míticas.

"Edugal 2022"
O venres 28 de outubro o alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga viaxou a Pontevedra a visitar Edugal 2022: 11º Salón da oferta de educación e formación
de Galicia, no Recinto
Feiral de Pontevedra.
Punto de
encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de
centros educativos e profesionais da educación. Toda a
información sobre formación e orientación educativa en Galicia está presente
na feira.
Alumnos e familias teñen á súa disposición a posibilidade de acceder a unha orientación educativa que lles axude a analizar todas as opcións e itinerarios formativos a través dun servizo de atención personalizada e gratuíta, atopando respostas ás súas necesidades e coñecendo as oportunidades do mercado laboral e formativo.
Visita ao "Viveiro de empresas"
O alumnado de 4º da ESO e de bacharelato, do IES de Vilalonga, visitou as instalacións do CIFP a Xunqueira para coñecer o Viveiro de Empresas e as aulas taller de distintas familias profesionais que se imparten neste centro de Pontevedra, como os ciclos de Educación Indantil, Atención a Persoas Dependentes, Madeira e Automoción, etc.
Traballando o futuro!


SAMAÍN CON "CASO PECHADO"
O venres 28 de outubro gozamos de Caso Pechado, un espectáculo de Raquel Queizás con narracións orais para adolescentes que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror.
Unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar. Case todos foron resoltos, son casos pechados, agás algúns…
Unha boa forma de celebrar o Samaín para 1º e 2º de ESO e 1º e 2º de FPB administrativo.


Club de lectura do IES de Vilalonga.
Esta semana comezamos cos Clubs de Lectura da Biblioteca do IES de Vilalonga.
Neste caso un grupo de alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha sesión do Club de Lectura o martes 25 de outubro do 2022. Este foi realizado en formato de programa de Radio, facendo un pequeno podcast sobre a lectura de "O home invisible" de H. G. Wells.PREMIOS NACIONAIS PARA A LITERATURA GALEGA
Ismael Ramos por Lixeiro e Marilar Aleixandre por As malas mulleres, veñen de ser recocoñecidos co "Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández" e "Premio Nacional de Narrativa", respectivamente. Poeta e narradora de dúas obras de diferentes xéneros da literatura galega actual que deixan constancia do traballo de grande calidade que estamos producindo dende Galicia.
Parabéns para ambos e para a literatura en galego!



Contratos programa: Riscos laborais
CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Este martes 20 de outubro realizáronse actividades de sensibilización en prevención de riscos laborais no IES de Vilalonga. O alumnado de 1ºFPbásica tratou de identificar, avaliar e controlar posibles riscos e perigos asociados á actividade laboral. Foi todo un éxito!!! Parabéns ao alumnado e profesorado!.
Contratos programa: Emociona-t
OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL
Esta semana tivemos unha sesión do Programa Emociona-t con Gloria Fontán de GAPEFA, dirixida ao alumnado de 4ESO e 2º FPB Auto do IES de Vilalonga, sobre intelixencia emocional para dotalos/as de estratexias e recursos persoais para manexar as emocións de maneira saudable.