Visita didáctica a Catedral de Santiago
A SEÑORA DE FORCADELA
O martes pola tarde o alumnado de 1º da ESO tivo o pracer de asistir á representación de A señora de Forcadela, obra posta en escena pola compañía Os Quinquilláns, grupo con máis de trinta anos de actividade teatral profesional. A actuación encádrase dentro das actividades do plan de memoria histórica da Deputación de Pontevedra "O pasado por vir".
A obra de teatro narra unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, que foi detida durante o ano 1936 e retida na prisión de Tui. Salvou a vida grazas á intervención dun doutor que asegurou que estaba embarazada, e a súa pena de morte foi conmutada por cadea perpetua e, posteriormente, reducida a seis anos. A ela únense as figuras doutras mulleres tamén vítimas da barbarie.
RE(A)MAR CON VERO RILO
Dentro do programa de memoria histórica "O pasado por vir" da Deputación de Pontevedra, tivemos hoxe no centro a Vero Rilo. Con "RE(A)MAR, MEMORIAS DO SALITRE" achegoulle ao alumnado de 3º da ESO varias historias acontecidas en xullo de 1936. Nelas compartiu a memoria de feitos atroces, pero tamén de reivindicación e resistencia, todos eles bañados polo mar.
Un pracer contar e escoitar historias que gardan a memoria e fan xustiza e reparación a todas as vítimas do golpe de estado e da ditadura.
Calculando Pi
Arte e Robótica
O luns 20 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de ESO adentrouse no mundo da robótica e da arte na interesante visita que realizaron á Afundación Abanca de Pontevedra.
Día Internacional das matemáticas
A 40ª conferencia xeral da UNESCO proclamou o día 14 de marzo de cada ano como o Día Internacional das Matemáticas. En moitos países o 14 de marzo víñase celebrando como o Día de Pi ( a idea de dedicarlle o 14 de marzo a Pi ocorréuselle a Larry Shaw, físico estadounidense, en 1988 porque na notación anglosaxona esa data escríbese coas tres primeiras cifras do número Pi: 3 e 14. A resolución da UNESCO consolida o recoñecemento actual ás matemáticas polo seu importante papel para facer fronte aos desafíos do noso tempo en ámbitos como a intelixencia artificial , a saúde, a enerxía e o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida da sociedade en xeral.
Pero que é o número π?, por que é tan importante?, por que se utiliza a letra grega π?
Xa na antigüidade, coñecían as fórmulas para calcular o perímetro do cadrado, do rectángulo, do triángulo, etc, pero non sabían como calcular o perímetro dun círculo de radio r. Esta non era unha cuestión sen importancia xa que o cálculo de áreas é moi importante para a agricultura, a arquitectura, a construción de camiños e pontes…
Precisamente a resposta para calcular o perímetro da circunferencia é π.
O alumnado de 1º da ESO coa súa profesora de matemáticas Estela Prol levaron a cabo un traballo para celebrar este Día no que intentaron calcular unha aproximación de π
Entroido no IES de Vilalonga
O 17
de febreiro celebramos, a comunidade escolar do centro, o entroido 2023.
Fixemos un concurso de actuacións de disfraces por titorías. As clases que
participaron organizaron, cos seus titores, unha actuación que podía incluír
música, baile, teatro, murgas, etc. Os vencedores desfrutaron dunha merenda con
chocolatada.
Traballo matemático

A profesora Estela Prol que imparte a materia de matemáticas en 1º da ESO levou a cabo este mes de marzo un estudo estatístico de como cambia o alumnado dende 1º da ESO ata 4º da ESO. O alumnado fixo todas as tarefas dende a recollida de datos ata a publicación das conclusións. Elaboraron os traballos con medios tecnolóxicos. O seu manexo, os cálculos precisos e os razoamentos finais están dirixidos ao desenvolvemento das capacidades do alumnado e a súa maior independencia persoal nas tarefas.

Actividade Fp básica de cociña
Visibilizando o 8M
O mércores 8 de marzo , Día Internacional da Muller no IES de Vilalonga tentamos visibilizar este día con actividades para o alumnado. Todas as clases foron baixando, ordenadamente, para escribir frases que lle suxerira esta data e pegalas formando distintos motivos: 8M, o símbolo da muller, etc. A organizadora foi a profesora de Igualdade: Laura Ramos Cuba. Gravamos un vídeo, aquí vós deixamos unha mostra: