
Aquí non cabiamos todos na foto dentro da biblioteca.

Aquí aínda nos estabamos a colocar.

E por fin, estamos todos na foto con profe incluída.
O alumnado de 1º de ESO e 4º de ESO do noso centro realizou un intercambio epistolar en galego co IES Virgen de la Encina de Ponferrada durante este derradeiro trimestre escolar. A experiencia estivo coordinada pola profesora de lingua galega Susana Vázquez Recarey e unha profesora deste centro bercián.
Consideramos que foi unha actividade moi interesante, ata o punto de que tivemos que esperar ata a última carta para que o noso alumnado non lles dese o seu nome e enderezo completo para contactar con eles por outras medios. Tentaremos repetila se nos é posible, cando poidamos publicaremos aquí o enlace do vídeo que realizou o alumnado dese instituto para conmemorar os anos que levan a impartir a materia de lingua galega como optativa.